O servizo de flickr é utilizado extensamente por blogueiros como depósito de fotos e de videos. O sistema de Flickr permite facer procuras de imaxes e vídeos por etiquetas, por data e por licenzas de Creative comons.
Outras funcionalidades son as canlesRSS e Atom, como tamén unha API que permite a desenvolvedores independentes crear os seus propios servizos e aplicacións. O servizo baséase nas características habituais do HTML e o HTTP, permitindo que sexa usable en múltiples plataformas e navegadores. A interface de etiquetaxe e edición de texto utiliza AJAX, que tamén é compatible coa gran maioría dos navegadores. Un compoñente non esencial do lugar web, Organizr, baséase na tecnoloxía de Macromedia Flash, a cal é amplamente dispoñible, pero non plenamente aberta. As fotografías ou imaxes e vídeos poderán tamén enviarse a través do correo electronico. Flickr é especialmente popular entre os usuarios de Macintosh, os cales a miúdo son excluídos doutros lugares de compartición de fotos porque é necesaria unha arquitectura PC/Windows.
No hay comentarios:
Publicar un comentario